Jesús Marcial Méndez Magán

Funcionario

Comité Europeo das Rexións

Currículum breve

Licenciado en Dereito pola Facultade de Dereito de Ourense (Universidade de Vigo) en 2001. Acadou o Diploma de Estudos Avanzados en Dereito no ano 2010 na mesma Universidade. En 2012 obtivo o Mestrado Universitario en Unión Europea pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Entre outros diplomas, posúe o Diploma de Dirección e Xestión Económico Financeira das Entidades Locais do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e o Diploma de Directivos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

É funcionario de carreira (técnico superior de administración xeral da Administración Local) en situación de servizos especiais, ocupando durante a súa traxectoria profesional diversos postos nas administracións locais e autonómica como, entre outros, xefe de servizo de Recursos Humanos do Concello de Ourense, subdirector xeral de planificación e innovación da Secretaría Xeral de Política Social (Consellería de Traballo e Benestar) da Xunta de Galicia ou xefe de servizo de xestión tributaria do Concello de Pontevedra.

Desde xaneiro de 2016, é funcionario de carreira das institucións da Unión Europea destinado no servizo de control interno do Comité Europeo das Rexións (Bruxelas).


Voltar ao Programa

Información e contacto

Persoa de contacto
Fernanda Mirón Parra

Teléfono de contacto
+34 676 282 701

Enderezo eléctronico
feriaempleojuridico@uvigo.es